15.5.17

O pouso do fume


Título:      O pouso do fume
Autora:     Dores Tembrás
Lugar ed.: Culleredo (A Coruña)
Editorial:   Espiral Maior
Ano ed.:    2009
Páxs.:        73   


"[...]A rotunda insubmisión perante a perda que manifesta Dores Tembrás n`O pouso do fume sitúaa no ronsel das grandes voces que reivindicaron o legado da memoria só que, no seu caso, existe un traballo previo de descodificación e tradución dos complexos signos trazados polo pouso para determinar o seu valor real. Certamente se nada desparece mentres o seu recordo permaneza no substrato sensitivo de alguén, non por iso se pode extrapolar de todo o que se lembra unha mensaxe con valor universal. Do mesmo xeito, a arqueóloga cataloga as pezas que recolle nunha excavación segundo a súa relevancia, discernindo cales conteñen datos imprescindibles e cales son secundarias para reconstruír o pasado. Eis un dos grandes retos que a autora enfrontou para escribir este libro: lograr que nos sobrecolla o desamparo da nena que agarda baixo a chuvia o paso do coche real, a partida do avó a Cuba ou a agresión da couza sobre a casa pechada, cando a nena é un ser anónimo na nosa biografía, descoñecemos a filiación dese avó e a casa nunca nos pertenceu. Ou mesmo facer que os anacos de louza, a botella do doutor Pinard, as pequenas puntadas do ganduxo que desaparecerán ao estar a costura completa, a minúscula cicatriz que fixo o pelouro, o alento suave das mimosas..., en definitiva, o máis insignificante, deixe un pouso imborrable sobre nós, os lectores. Se Dores Tembrás sae triunfante deste reto é porque, negándose a seguir a propensión maioritaria de clausurar baixo unha cicatriz de silencio as traxedias con que a vida nos proba, decide romper o mutismo e cauterizar esas feridas cunha marca de fogo e de palabras [...]"[Fragmento do prólogo Tatuaxes de Fume por Teresa Seara]

Etiquetas: ,

Cronoloxía da urxencia.


Título:  Cronoloxía da urxencia.
Autora: Dores Tembrás
Lugar ed.: A Coruña
Editorial: Espiral Maior 
Ano ed.:    2014
Páxs.: 81 




'A viaxe de Gagarin' e 'Cronoloxía da urxencia', os mellores do ano 2014  para Fervenzas Literarias

Etiquetas: ,

O libro da egoísta


Título:       O  libro da egoísta
Autora:      Yolanda Castaño
Lugar ed.:  Vigo
Editorial:    Galaxia
Ano  ed.:    2004  
Páxs.:        72

Unha exploración, un poemario que invita ao lector ou lectora a viaxar coa autora por paisaxes novas e íntimas.

Este libro é distinto aos que Yolanda Castaño ofrecera antes, un punto e á parte na súa obra. Ela mesma o cualifica de atípico. O libro da egoísta é un retrato ou busca interior que é tamén simulación, labirinto, retratos e rostros múltiples, tantos coma mulleres e seres humanos hai, tantos coma lectores. (ficha Editorial Galaxia)

Etiquetas: ,

28.4.17

Memorial e danza


Título:      Memorial e danza
Autor:       Francisco Cortegoso
Lugar ed.: A Coruña
Editorial:   Espiral Maior
Ano ed.:    2014
Páxs.:        56



Premio Xosé María Pérez Parallé

Ver valoración en Caderno da Crítica

Etiquetas: ,

La segunda lengua


Título:      La segunda lengua
Autor:      Yolanda Castaño ; traducción de la autora
Lugar ed.: Madrid
Editorial:  Visor Libros

Ano ed.:    2014 
Páxs.:        115


Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) cumple veinte años publicando poesía originalmente en gallego y, desde entonces, sus hasta ahora seis poemarios le han valido premios como el de la Crítica Española, el Espiral Mayor, el Ojo Crítico y el Novacaixagalicia. Ediciones bilingües gallego-castellano de los más recientes han visto la luz en Visor Libros. Activa dinamizadora cultural, desde 2009 dirige varios proyectos estables, siempre con poetas gallegos e internacionales: un ciclo mensual de lecturas, un festival de poesía y un taller de traducción poética. Filóloga y videocreadora, ofrece además talleres literarios, recitales, videopoesía, etc. Habiéndose traducido en parte a más de quince lenguas, ha publicado obras también como editora, traductora de poetas contemporáneos y autora de poesía infantil. Desarrolla multitud de experiencias que fusionan la poesía con otros lenguajes creativos, bien en solitario o en colaboración con otros artistas.

Etiquetas: ,

Raíz da fenda


Título:        Raíz da fenda
Autora:      Berta Dávila
Lugar ed.:  Vigo
Editorial:    Xerais

Ano ed.:     2013 
Páxs.:        136  

  • XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. 
  • Premio da Crítica en Lingua Galega 2014



Raíz da fenda é un libro sobre as feridas que nos atravesan, esas que abren unha fisura sobre a pel e que nos cambian para sempre. Cada unha das súas cinco partes analiza un tipo de perda diferente desde unha perspectiva íntima e crúa, que desbota o artificio: a ruptura coa familia e a estirpe para pescudar quen somos, a vivencia da morte dos que amamos, a enfermidade, a traizón ou o abandono do desamor. Hai feridas que botan raíces, e no seu centro atopamos, ás veces, unha poesía de fendas. E por iso este tamén é un libro sobre a procura da palabra poética como fisura derradeira, co que a autora pon fin a un ciclo: porque cando a fisura chega a nós para modificarnos, para dividirnos, faise difícil volver á casa, recuperar o que eramos antes.

Etiquetas: , ,

21.4.17

Cráter

                             
Título:         Cráter 
Autor:          Olga Novo
Lugar ed.:    Noia
Editorial:     Toxosoutos
Ano ed.:       2011
Páxs.:           193




PREMIO DA CRÍTICA 2011
http://www.toxosoutos.com/detalle_producto.php?&id=444&p=1&cat=9&txt=&idio=0&cok=sn&len=2

Etiquetas: ,

Ningún amante sabe conducir

                             
Título:         Ningún amante sabe conducir
Autor:         Rosalía Fernández Rial
Lugar ed.: Santiago de Compostela
Editorial:     Positivas
Ano ed.:    2014  
Páxs.: 56




Etiquetas: ,

O cuarto das abellas

                                 
Título:          O cuarto das abellas 
Autora:         Antía Otero 
Lugar ed:     Vigo 
Editorial:       Xerais 
Ano ed:         2016
Páxs.:           80



Premiado na na II Gala do Libro Galego
Este libro nace da tensión entre o doméstico e o salvaxe. O tempo detense na formalina dos recordos e fai ecoar, nas celas da memoria, o misticismo indomábel de Emily Dickinson: «A morte –escribiu ela nunha carta– é inofensiva, coma unha abella, agás para aquelas que corren.» "O cuarto das abellas" é unha abellariza de palabras, unha estrutura pechada e inquietante na que Antía Otero esmelga o froito dunha poesía que é, no entanto, agre, sen almibres. Porque amarga é a verdade, o amor e todo aquilo que aquí doe pola súa certeza. A autora, entre un enxame de obreiras, adéntrase cautelosa na linguaxe e comparte connosco o seu fermoso acto de risco, o perigo-mel duns versos que, coma o veleno das abellas, proen e sandan á vez. Fran P. Lorenzo  

http://www.xerais.es/libro.php?id=4628276

Lectura recomendada:
Antía Otero: “Reivindico a emoción, unha das poucas cousas que aínda non puideron negarnos” (Antía Otero entrevistada por Montse Dopico en PRAZA)

Etiquetas: , ,

De Cantares Hoxe. 34 poetas dialogan cos "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro


Título:        De Cantares Hoxe. 34 poetas dialogan cos "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro









Autor:         Varios
Lugar ed.: A Coruña
Editorial:     Fundación Rosalía de Castro
Ano ed.:    2014  


Ver PDF:
http://rosalia.gal/wp-content/uploads/2015/02/LibroDeCantaresHoxe-Electronico.pdf       

Etiquetas: ,

29.3.17

ANTOLOGÍA POÉTICA.Raíz de amor

                           
Título:        ANTOLOGÍA POÉTICA. Raíz de amor 
Autor:         selección y prólogo de Ana Pelegrín
Lugar ed.:   Madrid 
Editorial:     Alfaguara 
Ano ed.:      2011 
Páxs.:          144



Esta Antología poética, Raíz de amor, ha sido seleccionada y prologada por Ana Pelegrín; y supone un riguroso acercamiento a uno de los grandes temas de la poesía escrita en castellano: el amor. Una selección de poemas que reúne a los romances anónimos medievales y a los cuatro grandes sonetistas de los Siglos de Oro y que se completa con poemas de amor de grandes autores españoles y latinoamericanos del siglo XX. Con esta Antología, la autora pretende desarrollar la sensibilidad del lector sobre el tema amoroso y transmitirle la emoción, el gozo, el placer que proporciona la lectura poética.




Cuando leas estos poemas, a lo mejor dices: eso que dice el poeta es exactamente lo que yo siento. Y es que los poetas le ponen nombre a nuestras palpitaciones, sitúan nuestras emociones y nos dan luz sobre lo más oscuro de nosotros.

Con estos poemas de amor, de autores contemporáneos, verás que el amor tiene acentos a veces muy serios y, otras, ridículos. Pero sobre todo, sentirás que hay infinitas formas de llamar al amor y al desamor y que muchas podrían ser la música de fondo de tu vida.

Etiquetas: , ,

28.3.17

Hambriento


                                                   
Título:         Hambriento
Autor:         NACH
Lugar ed: Barcelona
Editorial:     Planeta
Ano ed.:    2016 
Páxs.:        208      



El primer libro de poesía del artista de hip-hop Nach.

Hambriento es una travesía poética de ida y vuelta, repleta de reflexiones, aprendizajes y sensibilidad. Un río a contracorriente que fluye a borbotones hacia las cimas más altas. Nach escribe urgido por una voracidad de emociones y experiencias que parecen saciar un íntimo vacío. Así emprende, a dentelladas, un viaje por sí mismo con una sensación de hambre que sirve de combustible para la vida, porque el hambre nos mueve, nos vuelve osados y nos alimenta.

En Hambriento, Nach reúne sus poemas más libres y sinceros, compuestos durante cuatro años, y que transitan por ese camino tan sencillo, y a la vez complejo, que llamamos vida.

AVISO
Escribo poesía,
pero cuando no estoy escribiendo,
me parezco a todo
menos a alguien que escribe poesía.

Información en Planeta de libros
            

Etiquetas:

30.1.17

Masculino singular

                             
Título:        Masculino singular
Autor:         Carlos Negro
Lugar ed.:  Vigo
Editorial:     Xerais
Ano ed.:     2016               
Páxs.:        88

Masculino singular é un corte de sangue no medio do afeitado; unha refutación do macho alfa que destrúe os afectos e converte o terror en linguaxe dominante. Tamén é un diario íntimo que reclama a tenrura nunha revolución de magnolias, pero sen pólvora, porque xa non precisamos himnos de batalla nin falos erectos nas portas dos aseos. Masculino singular é un código aberto aínda inconcluso, que se constrúe máis alá do propio texto, naqueles espazos sociais onde algúns homes aprenden unha lingua sen sufixos de exterminio. Porque nada semella máis urxente que procurar unha saída de emerxencia dese templo onde a virilidade segue a ser o valor máis sagrado da tribo.          

Etiquetas: ,

21.12.16

Poemas escollidos. Manuel María


Título:       Poemas escollidos. Manuel María
Autor:        Manuel María
Lugar ed.:  A Coruña
Editorial:    Fundación Manuel María
Ano ed.:     2015
Páxs.:         280



A primeira escolma que contempla o conxunto da obra poética de Manuel María. Unha escolla que permite redescubrir a través dos seus versos máis luminosos o seu canto nacional e o universo máis íntimo do poeta. A ilustración da portada é de Manuel Facal, sobre un orixinal con que agasallou a Manuel María. (Agasallo.eu)



Etiquetas: ,

29.11.16

Suicidas

                             
Título:        Suicidas
Autor:         Francisco Cortegoso
Lugar ed.:   Santiago de Compostela
Editorial:     Chan da pólvora
Ano ed.:      2016
Páxs.:          78




A nai, o capitalismo, a violencia, a linguaxe, o suicidio, o amor... Estas son algunhas das sombras que transitan por Suicidas de Fran Cortegoso, a proposta coa que Chan da Pólvora Editora abre as súas publicacións de outono. O lanzamento do libro, que chegará a primeiros de outubro ás librerías, está precedido por unha pre-edición numerada de dez exemplares, con sinatura do autor, destinada especialmente a coleccionistas. Esta pre-edición presenta unha imprentación diferenciada respecto da edición final, así como lixeiras variacións sobre o texto. Con Suicidas, Cortegoso coloca aos lectores fronte ao que é, sen dúbida, un dos máis importantes e conmovedores textos da poesía galega das últimas décadas. Francisco Cortegoso (Pontevedra, 1985) deuse a coñecer no ano 2008 en Revista das Letras con Ningún home, agrupación de poemas nos que xa se amosaba Suicidas. No 2013, conseguiu o Premio Pérez Parallé con Memorial e danza, uns poemas nos que se movía entre as escenografías da revelación, o campo nutricio das rosa e a disolución da paisaxe bravía.

Cortegoso escribe Suicidas entre os vinte e os vintecinco anos, se ben só agora o compacta nun conxunto tan apaixonado como desconcertante. Os textos, xurdidos dunha lectura de distintos escritores suicidas, son a resposta dun autor insurxente ante un dilema clave na literatura: a consciencia de como a palabra nos forza a ser violentos.

Para el, a literatura debe transmutar esa violencia e ese obxectivo, ao cabo, é o que estrutura auténtica estrutura o seu libro. A través de sintaxes inflamadas e atmosferas de vesania densa, indaga na vea máis profunda da creación para enfrontarse aos totalitarismos: o nihilista e o do ser.

Revólvese, cae, levántase de novo, morre, renace e loita nunha insólita tensión lingüística. «O verdadeiro problema da poesía», asegura o poeta, «é superar a linguaxe posesiva e desvelar unha linguaxe que poida acoller ao outro. Porque a linguaxe tende á totalización do outro, non ao seu desenvolvemento. A clave dese mecanismo perverso é que a linguaxe tamén totaliza o eu e iso é o que os meus versoscombaten».

Un dos trazos comúns dos escritores suicidas é, a xuízo de Cortegoso, que o suicidio vén como consecuencia de que eles «non recoñecen a forza tremenda da linguaxe, que os obriga a retomar a memoria como todo absoluto. Iso tortúraos e, finalmente, lévaos á morte». Son escritores, puntualiza, «que xogan entre os campos do ser e do nihilismo», mentres que Suicidas «pescuda unha vía á marxe das totalizacións, tanto a da nada como a do ser» e atopar «unha linguaxe alternativa». Nese sentido, o libro «é a concienciación de facerme poeta» e de asumir persoalmente ese estado. «Só despois de concibir estes textos», engade, «me puiden permitir escribir poesía».


http://www.andelvirtual.com/tev/catalogo/ver.php?pid=14168

Etiquetas: ,