21.4.17

O cuarto das abellas

                                 
Título:          O cuarto das abellas 
Autora:         Antía Otero 
Lugar ed:     Vigo 
Editorial:       Xerais 
Ano ed:         2016
Páxs.:           80



Premiado na na II Gala do Libro Galego
Este libro nace da tensión entre o doméstico e o salvaxe. O tempo detense na formalina dos recordos e fai ecoar, nas celas da memoria, o misticismo indomábel de Emily Dickinson: «A morte –escribiu ela nunha carta– é inofensiva, coma unha abella, agás para aquelas que corren.» "O cuarto das abellas" é unha abellariza de palabras, unha estrutura pechada e inquietante na que Antía Otero esmelga o froito dunha poesía que é, no entanto, agre, sen almibres. Porque amarga é a verdade, o amor e todo aquilo que aquí doe pola súa certeza. A autora, entre un enxame de obreiras, adéntrase cautelosa na linguaxe e comparte connosco o seu fermoso acto de risco, o perigo-mel duns versos que, coma o veleno das abellas, proen e sandan á vez. Fran P. Lorenzo  

http://www.xerais.es/libro.php?id=4628276

Lectura recomendada:
Antía Otero: “Reivindico a emoción, unha das poucas cousas que aínda non puideron negarnos” (Antía Otero entrevistada por Montse Dopico en PRAZA)

Etiquetas: , ,

0 comentarios:

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio