Masculino singular
Título: Masculino singular
Autor: Carlos Negro
Lugar ed.: Vigo
Editorial: Xerais
Ano ed.: 2016
Páxs.: 88
Masculino singular é un corte de sangue no medio do afeitado; unha
refutación do macho alfa que destrúe os afectos e converte o terror en
linguaxe dominante. Tamén é un diario íntimo que reclama a tenrura nunha
revolución de magnolias, pero sen pólvora, porque xa non precisamos
himnos de batalla nin falos erectos nas portas dos aseos. Masculino
singular é un código aberto aínda inconcluso, que se constrúe máis alá
do propio texto, naqueles espazos sociais onde algúns homes aprenden
unha lingua sen sufixos de exterminio. Porque nada semella máis urxente
que procurar unha saída de emerxencia dese templo onde a virilidade
segue a ser o valor máis sagrado da tribo.
Etiquetas: Carlos Negro, Poesía
0 comentarios:
Publicar un comentario
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio