3.11.21

CONCURSO MARCAPÁXINAS OFICIAL

 MARCAPÁXINAS OFICIAL DA BIBLIOTECA DO IES A SARDIÑEIRA

 A biblioteca escolar do IES A Sardiñeira convoca un concurso para elixir o Marcapáxinas Oficial da Bilioteca, coas seguintes BASES de obrigado cumprimento: 

1. PARTICIPANTES -Poderá participar calquera alumno ou alumna de 1º, 2º, 3º ou 4º da ESO do IES A Sardiñeira. Cada participante poderá presentar un máximo de dous traballos. 

2. CARACTERÍSTICAS -Deseño dun marcapáxinas coas seguintes características: -A temática será libre, preferentemente relacionada cos libros, a literatura e a lectura. -Técnica libre, preferentemente a cor. -Terá unha medida aproximada de 12x4 cm. -Conterá os textos “Biblioteca A Sardiñeira” e “visita ou noso Instagram @bibliosardi”. 

3. PRESENTACIÓN -Os traballos entregaranse en cartolina ou folio, cos debuxos nunha cara e os datos persoais na outra cara. 

Os datos persoais son: nome, apelidos, curso e grupo. 

As obras serán recollidas polo Equipo de Biblioteca na propia Biblioteca nos seus horarios de atención habituais. 

4. PRAZOS -O prazo de entrega será ata o 19 de novembro. O fallo do xurado darase a coñecer antes de que finalice o primeiro trimestre. 

5. CRITERIOS DE VALORACIÓN:

-Creatividade. 

-Orixinalidade. 

-Calidade artística. 

-Adaptabilidade a calquera soporte de difusión. 

6. XURADO  -O xurado estará composto pola Vicedirectora, tres membros do Equipo da Biblioteca e a Xefa do Departamento de Debuxo. A decisión do xurado será pública, definitiva e inapelable.

 7. PREMIOS:

-Un primeiro premio, que consistirá nun cheque por valor de 50€ trocable en librerías próximas ao Instituto. Á súa vez, este traballo será seleccionado como Marcapáxinas Oficial da Biblioteca. 

-Un segundo premio, que consistirá nun cheque por valor de 25€ trocable en librerías próximas ao Instituto. 

-Todos os traballos presentados formarán parte dunha exposición na propia Biblioteca.