30.1.17

Todo o tempo do mundo


 
                                                 
Título:        Todo o tempo do mundo
Autor:         David Pérez Iglesias
Lugar ed.: Vigo
Editorial:     Xerais
Ano ed.:    2016   
Páxs.: 189


Premio Merlín de Literatura Infantil, 2016
Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da Albariza o nome de cada unha das árbores e a identificar o son do río e da fervenza, do merlo e do paspallás. Da man do avó Valente, Ariadna abre os ollos a un mundo que é por última vez e a unha maneira de camiñar pola vida que durará sempre. Unha novela emocionante, que paga a pena ler aos dez e aos cincuenta anos. Un relato moi fermoso que describe de que estamos feitos, como se conforma a propia vida e onde, con quen, ou como ordenamos prioridades. (Info. Edicións Xerais)

Etiquetas: ,

Esmeraldina, a pequena defunta

Título:        Esmeraldina, a pequena defunta
Autor:         COSTAS, LEDICIA
Lugar edición: Vigo
Editorial:     Xerais
Ano edición:   2016 

O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta..

Etiquetas: ,

29.11.16

O cocho de carreiras Rudi Fuciños

                                  
Título:         O cocho de carreiras Rudi Fuciños
Autor:          Uwe Timm; ilustracións de Alfredo López Fernández(Tokio)
Lugar ed.:    Vigo
Editorial:      Galaxia
Ano ed.:      1989              
Páxs.:          184


A historia dun cocho que un día lle toca nunha tómbola a Zuppi, unha nena coa que Rudi coñecerá a súa verdadeira vocación. A familia de Zuppi está formada por un pai exiptólogo en paro, unha nai profesora e tres fillos. A entrada do pequeño cocho na familia vai provocar alegrías e disgustos, enfados e aventuras. De primeiras resulta moi difícil convencer a un caseiro de que se pode ter un cocho na casa. Tampouco é fácil metelo na bañeira. Ao final, pasadas as incomodidades dos primeiros días, a familia acabará acomodándose a convivir co porco, aínda que o papá exiptólogo se teña que converter en vixiante dun campo de deportes. Alí nacerá a verdadeira vocación de Rudi Fuciños.                              

Etiquetas: