27.2.17

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta


                             


Título:         Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta
Autora:        Ledicia Costas
Lugar ed.: Vigo
Editorial:      Xerais
Ano ed:   2016    
Páxs.: 248 


Premio Lazarillo de Creación Literaria, 2015  
Premio Fervenzas 2016 ao Mellor Libro de Literatura Xuvenil Premio Fervenzas 2016 Mellor Capa de LIX
Premio literatura infantil e xuvenil na II Gala do Libro Galego 

 

O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.



Información da editorial:          
http://www.xerais.com/libro.php?id=4476865

Etiquetas: , ,

30.1.17

Esmeraldina, a pequena defunta

Título:        Esmeraldina, a pequena defunta
Autor:         COSTAS, LEDICIA
Lugar edición: Vigo
Editorial:     Xerais
Ano edición:   2016 

O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta..

Etiquetas: ,