Todo o tempo do mundo
Título: Todo o tempo do mundo
Autor: David Pérez Iglesias
Lugar ed.: Vigo
Editorial: Xerais
Ano ed.: 2016
Páxs.: 189
Premio Merlín de Literatura Infantil, 2016
Ariadna lembra
aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou
á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu
avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os
seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles
de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da
Albariza o nome de cada unha das árbores e a identificar o son do
río e da fervenza, do merlo e do paspallás. Da man do avó Valente,
Ariadna abre os ollos a un mundo que é por última vez e a unha
maneira de camiñar pola vida que durará sempre. Unha novela
emocionante, que paga a pena ler aos dez e aos cincuenta anos. Un
relato moi fermoso que describe de que estamos feitos, como se
conforma a propia vida e onde, con quen, ou como ordenamos
prioridades. (Info. Edicións Xerais)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio