30.5.17

Volví para mostrarte que podía volar


Título: Volví para mostrarte que podía volar
Autor: Robin Klein. Tradución de Héctor Silva
Lugar edi.: Salamanca
Editorial: Anaya
Ano ed.: 1997
Páxs.: 208

Esta novela habla de la amistad entre dos seres solitarios. Un niño de once años, de padres separados, conoce durante unas vacaciones a una chica de veinte, con la que podrá relacionarse de igual a igual. Ese vinculo, parece convertirse en un estímulo para que la joven, que resulta ser drogadicta, acepte someterse a una cura de desintoxicación.

Etiquetas: ,

27.2.17

O aprendiz de bruxo e Os invisibles


                              

Título:        O aprendiz de bruxo e Os invisibles
Autor:         Jordi Sierra i Fabra
Lugar ed.: A Coruña
Editorial:     Rodeira
Ano ed.:    2016  
Páxs.: 224    


PREMIO EDEBE INFANTIL 2016


Descrición:
Mortimer ten doce anos. Traballa para o profesor Haggath, que es bruxo, aínda que moi poucos saben da súa verdadeira profesión, xa que se non, probablemente, acabaría na fogueira. Haggath
está preparando unha poción moi difícil. Así que a remata, encárgalle a Mortimer que a leve ao cemiterio. Lémbralle máis dunha vez que a botella debe chegar intacta, e que non se pode derramar nin unha pinga. Se unha soa pinga cae noutro lugar, podería desencadear un feito. 


  
   

Etiquetas: , ,

29.11.16

O viaxeiro radical


Título:        O viaxeiro radical
Autor:         Xerado Quintiá
Lugar ed.:   Vigo
Editorial:     Galaxia
Ano ed.:      2015              
Páxs.:          220      

Publícase O viaxeiro radical, unha novela de Xerardo Quintiá na que este poeta e narrador conta a historia dun home extraordinario que, encirrado pola busca do inalcanzable, decide vivir á marxe de calquera  convencionalismo ou imposición, en permanente conflito consigo mesmo e coa sociedade. Unha obra de ficción que volve poñer de actualidade os logros artísticos da primeira literatura moderna -da Nova Heloísa de Rousseau ao Wilhelm Meister de Goethe- e os achados do pensamento idealista do século XIX.
 O viaxeiro radical é unha novela baseada na figura de Manfred Gnädinger, artista alemán que en 1962 chegou á vila de Camelle despois  dunha longa viaxe cruzando boa parte de Europa. Nese momento comeza a  historia dun home extraordinario que, encirrado por un pulo de liberdade, decidiu vivir á marxe de calquera convencionalismo ou imposición, en permanente conflito cos que o rodeaban. Un artista ceibe e solitario, marxinal por convencemento e necesidade, que transformou a súa propia existencia coa finalidade de que Vida e Arte se fundisen ata formar un todo indisoluble.
 A novela indaga nos aspectos que, en determinados momentos da vida do protagonista, o empurraron a tomar decisións controvertidas, e pretende achegarse á cerna do personaxe para comprender a razón da súa  radicalidade existencial. Ao mesmo tempo, a ficción leva a quen le a facer unha reflexión sobre aspectos fundamentais que determinan a existencia, tales como o amor, a amizade e a busca do sentido da vida.  

Etiquetas: ,

Chamando ás portas do ceo

                           
Título:        Chamando ás portas do ceo
Autor:         Jordi Sierra i Fabra
Lugar ed.:   A Coruña
Editorial:     Rodeira
Ano ed.:      2006

Silvia, estudante de Medicina, marcha á India para traballar como cooperante durante o verán nun hospital situado nun perdido lugar do mundo. Ao facelo, enfrontáse cos seus pais e co seu noivo, e toma así, seguindo o seu instinto e o seu corazón, unha decisión que cambiará a súa vida e a súa forma de pensar. Na India coñecerá a dor e o sufrimento dos que non teñen nada, pero tamén a alegría e a paz da súa conciencia, e vivirá a cabalo non de dous, senón de tres mundos: por un lado Arturo, que a espera en España; por outro Leo, o médico, cooperante coma ela, capaz de renunciar a todo por estar alí; e, finalmente, Mahendra, o hindú que garda o máis doloroso dos segredos e que a introducirá nun novo horizonte sen fronteiras.


Plan Lector RODEIRA

Etiquetas: , ,