27.2.17

Manual de Escola

Título:        Manual de Escola
Autor:         Xosé Tomás.
Lugar ed.: A Coruña
Editorial:     Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Ano ed.:    2016
Páxs.: 80




Un libro de humor gráfico sobre educación, con prólogos de Francesco Tonucci (Frato) e Xaquín Marín. Un proxecto no que o autor presenta unha alta carga emocional, como profesor, como humorista gráfico, sobre un sistema educativo errático, disperso, confundido.



Etiquetas: , , ,

30.1.17

Todos somos Ulises. Por unha educación democrática e humanista


                            
Título:        Todos somos Ulises. Por unha educación democrática e humanista
Autor:         Xavier Seoane
Lugar ed.: Vigo
Editorial:     Xerais
Ano ed.:    2016
Páxs.: 472

    



Na liña dos seus libros anteriores, “Atravesar o espello”, “O Sol de Homero” e “Saudar a vida”, esta nova proposta, “Todos somos Ulises (Por unha educación democrática e humanista)”, constitúe o elo máis amplo dun ambicioso ciclo ensaístico que reflexiona sobre a transcendencia da escola e da educación, do coñecemento e da cultura nun momento histórico de difíciles retos para as persoas, os colectivos e as sociedades.“Todos somos Ulises” analiza criticamente a hexemonía da razón economicista e produtivista nas nosas vidas, o impacto tantas veces desilustrador e alienante da publicidade, do consumo e dos media, a dimensión plural da intelixencia, a transcendencia da linguaxe e da lectura, as destrezas necesarias na Sociedade do Coñecemento, a necesidade dun entendemento fluído entre a escola e as familias, o uso crítico e creativo das ferramentas tecnolóxicas, a pertinencia dunha educación pública equitativa, as demandas da diversidade, a educación en valores, a vocación, o esforzo, a convivencia, a disciplina... aspectos relacionados cos incisivos problemas da escola actual e as preocupacións do profesorado, o alumnado e das nais e pais. Xa que logo, Xavier Seoane propugna a necesidade dunha sólida formación científica, humanística e social, apostando pola adquisición de elevados niveis de realización estética e sensible, espiritual e moral.Nesa viaxe cara a Ítaca do coñecemento e da autocreación individual e social, que a todas as persoas se lles debe facilitar e á que todas deberían contribuír coa súa actitude vixiante e decidida, todos deberiamos ser Ulises, para poder alcanzar as máis elevadas cotas de emancipación, eudaimonía e felicidade. As persoas deberiamos, segundo o autor, pronunciar un si afirmativo á fecunda viaxe dunha educación crítica e democrática, humanista e liberadora á altura dos complexos retos contemporáneos. (información editorial)

Etiquetas: , ,

29.10.16

C*aching educativ*. Las emociones al sevicio del aprendizaje

                                 
Título:        C*aching educativ*. Las emociones al sevicio del aprendizaje
Autor:         Coral López Pérez, Carmen Valls Ballesteros; con prólogo de William Halton
Lugar ed.:   Madrid
Editorial:     SM
Ano ed.:      2013  

"El modelo de coaching educativo que proponemos en este libro aporta un enfoque diferente e innovador, centrado en las emociones, que presta especial atención a cómo es el vínculo que se establece entre el docente y sus alumnos, partiendo de la idea de que entre los diferentes roles que el docente desempeña en el aula hay uno que ha sido hasta ahora poco explorado: su rol de líder que dirige al grupo de clase, y que abarca dos importantes funciones. Por un lado, generar una estructura que favorezca el aprendizaje; por otro lado, facilitar los procesos emocionales y grupales que lo posibiliten".
 Ver inicio (pdf) 

Etiquetas: ,