27.2.17

Vento ferido


Título:       Vento ferido
Autor:       Carlos Casares
Lugar ed.: Vigo
Editorial:   Galaxia
Ano ed.:    2016 
Páxs.:       100 

O libro que marca a incorporación de Carlos Casares á literatura galega.

A obra literaria de Carlos Casares é unha das máis interesantes da literatura galega do século XX, e iníciase en 1967 con Vento ferido. Nestes doce relatos marcados pola violencia, a soidade e o fatalismo, abrolla a mirada, xa orixinal, tinxida pola necesidade de comprensión e o impulso solidario, do autor. Narrativa innovadora, que busca a plena comunicación co lector para afondar nos sentimentos e na vivencia humana do tempo. (Editorial Galaxia )

Etiquetas: ,

30.1.17

A ferida do vento

Título:        A ferida do vento
Autor:         Antón Riveiro Coello
Lugar ed.:   Vigo
Editorial:     Galaxia  
Ano ed.:      2016
Páxs.:         144 


En 1978, Antón ten quince anos e, logo de tres meses de internado, volve a Xinzo de Limia coa emoción de ver a súa primeria moza.
O avó Mauro, unha persoa peculiar que leva un rexistro dos tolos da vila, agarda por el no cuarto para lle dar unha nova que o deixará abraiado. A partir deste momento, Antón sentirá o peso do mundo e buscará nos personaxes extravagantes unha alianza para as feridas do amor e da vida. Novela de formación, escrita cunha ollada lírica e sensible, onde o autor limiao non só nos ofrece un fresco humano da súa vila, poboada de personaxes memorables, entre os que figura o escritor Carlos Casares, senón tamén a reprentación exquisita do paso da infancia á adolescencia.

Información Editorial Galaxia
Entrevista con  Antón Riveiro Coello en Praza Pública
Reseña de Ramón Nicolás no Caderno da Crítica

Etiquetas: , ,

27.1.17

Deus sentado nun sillón azul

                                 
Título:        Deus sentado nun sillón azul
Autor:         Carlos Casares
Lugar edición: Vigo
Editorial:     Galaxia
Ano edición:   1997
Páxs.:          280


Unha novela fundamental na obra de Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul viu a luz por vez primeira no ano 1996 e aparece agora publicada (2005) nunha nova edición dentro da Biblioteca Carlos Casares, que Editorial Galaxia dedica á obra do autor ourensán.

Casares comeza Deus sentado nun sillón azul describindo unha muller que observa a través dunha ventá. Na casa de enfronte, le e fuma sentado nun sillón azul. Ela ve un ser avellentado que semella agardar algo escuro e terrible, xa non é aquel profesor mozo, brillante e inchado coa superioridade dun Deus. Transcorrerá xa un tempo marcado pola dor e o desexo, polo amor e o crime. Un tempo inzado de palabras e actos sobre os que a memoria bota nova luz.

Casares constrúe unha ficción na que a narración axuda a reflexionar sobre o papel dos intelectuais, a súa responsabilidade e as relacións co poder. Deus sentado nun sillón azul tamén é unha esclarecedora meditación sobre a elaboración da memoria e a influencia do paso do tempo sobre o xeito de entender a vida (Editorial Galaxia)

Etiquetas: ,

29.10.16

Ilustrísima

Título:        Ilustrísima
Autor:         Carlos Casares
Lugar edición: Vigo
Editorial:     Galaxia
Ano edición:   2004    

Unha homenaxe ao cinematógrafo escrita con agarimo, con tenrura e con sinxeleza, polo simple pracer de contar unha historia. Unha novela que prende e turra do lector. 

Ilustrísima é un canto á bondade e á humanidade da xente e un alegato en contra do dogmatismo e da violencia. Situada nos primeiros anos do século XX, nunha pequena cidade galega que ben podería ser o Ourense natal de Casares, relata os conflitos entre un bispo intelixente e bo e algúns dos membros máis intransixentes da curia diocesana, enfrontados entre si por culpa da chegada do cinematógrafo. 

+ info              

Etiquetas: