Deus sentado nun sillón azul
Título: Deus sentado nun sillón azul
Autor: Carlos Casares
Lugar edición: Vigo
Editorial: Galaxia
Ano edición: 1997
Páxs.: 280
Unha novela fundamental na obra de Carlos Casares, Deus sentado nun sillón azul viu a luz por vez primeira no ano 1996 e aparece agora publicada (2005) nunha nova edición dentro da Biblioteca Carlos Casares, que Editorial Galaxia dedica á obra do autor ourensán.
Casares comeza Deus sentado nun sillón azul describindo unha muller que observa a través dunha ventá. Na casa de enfronte, le e fuma sentado nun sillón azul. Ela ve un ser avellentado que semella agardar algo escuro e terrible, xa non é aquel profesor mozo, brillante e inchado coa superioridade dun Deus. Transcorrerá xa un tempo marcado pola dor e o desexo, polo amor e o crime. Un tempo inzado de palabras e actos sobre os que a memoria bota nova luz.
Casares constrúe unha ficción na que a narración axuda a reflexionar sobre o papel dos intelectuais, a súa responsabilidade e as relacións co poder. Deus sentado nun sillón azul tamén é unha esclarecedora meditación sobre a elaboración da memoria e a influencia do paso do tempo sobre o xeito de entender a vida (Editorial Galaxia)
Etiquetas: Carlos Casares, narrativa
0 comentarios:
Publicar un comentario
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio