29.11.16

Os Megatoxos e a cara oculta da lúa

                   
Título:         Os Megatoxos e a cara oculta da lúa
Autor:         Anxo Fariña
Lugar ed.:   Vigo
Editorial:     Xerais
Ano ed.:       2011 
Páxs.:           192



Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunhacura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Os Megatoxos, en pasadas aventuras, estiveron na época Castrexa, na Idade Media, e na Revolución industrial en París. Todos os humanos teñen dúas caras: a luminosa e a escura. A primeira é a que normalmente amosamos diante dos nosos semellantes, mais, as veces, o demo interior pugna por saír á superficie. Que pasaría se esa vertente sinistra tomase o control? E se lle acontecesea unha persoa cun alto potencial como Lúa? E se o poder do Toxo complicase aínda máis a situación? O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible transformación esténdese polo alumnado e mais o profesorado. Entrementres, en Venecia, unha misteriosa raíña trata de dominar o mundo grazas ao poder do Toxo. Os dous escenarios están intimamente ligados, e só os Megatoxos poden resolver a crise que ameaza os dous mundos.
     
                              

Etiquetas: , ,

Os Megatoxos e a espada esmeralda

                            
Título:         Os Megatoxos e a espada esmeralda
Autor:         Anxo Fariña
Lugar ed.:   Vigo
Editorial:     A Nosa Terra
Ano ed.:      2008
Páxs.           144

Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa están a vivir un curso escolar do máis emocionante. Tras desenvolver por accidente estraños poderes, un milleiro de problemas comezan a xurdir nas súas vidas.
Na procura dunha solución para a súa mutación xenética, viaxarán desta vez ao medievo, onde atoparán un antigo e misterioso mosteiro no que nada é o que parece.
Nesta nova aventura, os Megatoxos deberán medir a súa intelixencia e valor entre códices medievais, nunha biblioteca chea de enigmas e perigos, situación que porá en xogo a súa amizade.

Etiquetas: , , ,