Os Megatoxos e a cara oculta da lúa
Título: Os Megatoxos e a cara oculta da lúa
Autor: Anxo Fariña
Lugar ed.: Vigo
Editorial: Xerais
Ano ed.: 2011
Páxs.: 192
Os Megatoxos
son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto,
cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunhacura para a súa
mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o
Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no
espazo e no tempo. Os Megatoxos, en pasadas aventuras, estiveron na
época Castrexa, na Idade Media, e na Revolución industrial en París.
Todos os humanos teñen dúas caras: a luminosa e a escura. A primeira é a
que normalmente amosamos diante dos nosos semellantes, mais, as veces, o
demo interior pugna por saír á superficie. Que pasaría se esa vertente
sinistra tomase o control? E se lle acontecesea unha persoa cun alto
potencial como Lúa? E se o poder do Toxo complicase aínda máis a
situación? O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible
transformación esténdese polo alumnado e mais o profesorado.
Entrementres, en Venecia, unha misteriosa raíña trata de dominar o mundo
grazas ao poder do Toxo. Os dous escenarios están intimamente ligados, e
só os Megatoxos poden resolver a crise que ameaza os dous mundos.
Etiquetas: Anxo Fariña, O megatoxos, xuvenil
0 comentarios:
Publicar un comentario
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio