O mundo secreto de Basilius Hoffman 2. Un faro na escuridade
Título: O mundo secreto de Basilius Hoffman 2. Un faro na escuridade
Autor: Fernando M. Cimadevila, ilustrado por Iván Valladares
Lugar ed.: Santiago de Compostela
Editorial: Urco
Ano ed.: 2012
Existe un lugar perdido no profundo da
noite, unha cidade secreta sen casas nin edificios, só tellados,
azoteas, faiados e chemineas, bufardas, campanarios, torreóns… A Cidade
dos Tellados non ten rúas, só pontes e pasarelas, tubaxes e escaleiras
que sortean o nebuloso mundo que existe baixo a súa superficie. Un
segredo, tan antigo como o propio mundo, ocúltase tras este labirinto
insondábel, pero para descubrilo, o profesor Basilius Hoffman e o seu
sobriño Peter deberán enfrontarse á máis profunda escuridade, aquela que
habita no noso interior.
Regresan as aventuras do profesor
Basilius Hoffman: historiador e arqueólogo de mundos ocultos, cabaleiro a
tempo parcial e truán a xornada completa. Nesta ocasión a súa procura
do lendario Diario do Cartógrafo levarao a descubrir novos e misteriosos
lugares, abraiantes inventos alquímicos, inquietantes criaturas, e
tamén a desenterrar escuros segredos que nunca deberían ver a luz.
Etiquetas: fantasía, O mundo secreto de Basilius Hoffman, serie
0 comentarios:
Publicar un comentario
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio