29.11.16

Nano


Título:        Nano
Autor:         Concha Blanco, Ilustrador  Manel Cráneo
Lugar ed.:   A Coruña
Editorial:     Everest Galicia
Ano ed.:      2008
Páxs.           144
         
            

Nano é un mozo que ben se pode identificar co inverno, pola súa cor gris, estación do ano de días curtos e noites largas. Nano procura recoñecerse e aceptarse tal como é, cos seus defectos e virtudes. Inténtao primeiro da man de Mali e logo da de Román. Cústalle abrir a porta da gaiola na que el mesmo se pecha cada día e comezar a voar, proxectándose libremente ao exterior ante os ollos da súa xente. Cando cre que o vai conseguir, unha desgraciada circunstancia, coa que ninguén contaba, convértese nun atranco difícil de salvar. Pero do dano sufrido tamén se aprende e Nano non se permite tocar fondo e rexorde, agora coma os gromos na primavera. Unha historia de intriga e de loita polo recoñecemento da propia identidade sexual.

  

Etiquetas: ,

0 comentarios:

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio