29.11.16

Ethan Frome

                         
Título:        Ethan Frome
Autor:         Edith Wharton. Tradución de Celia Recarey Rendo
Lugar ed.:   Santiago de Compostela
Editorial:     Irmás Cartoné
Ano ed.:      2015            
Páxs.:          140                    





Ethan Frome é un granxeiro pobre de Nova Inglaterra cuxas improdutivas terras só dan o xusto para sobrevivir.  Zeena, a súa muller, está enferma e non se conforma coa mísera existencia de ambos. Será a chegada de Mattie, prima de Zeena, o que espertará en Ethan novos sentimentos e cobizas, e precipitará tráxicos acontecementos que cambiarán a súa vida para sempre.

Publicada por vez primeira en 1911, esta historia de emocións desesperadas e prohibidas tensións sexuais é considerada unha das obras máis elegantes e intensas da narrativa breve norteamericana do século XIX, e a mellor das novelas curtas da autora. É, ademais, a única das obras de Wharton cuxos protagonistas non pertencen ás clases acomodadas.

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio