29.11.16

Nunha pensión alemá. (In a German Pension)

                   
Título:        Nunha pensión alemá. (In a German Pension)
Autor:         Katherine Mansfield
Lugar ed.:   Santiago de Compostela
Editorial:     Irmás Cartoné
Ano ed.:      2015      
Páxs.:          144                            



Nunha pensión alemá é o primeiro libro de Katherine Mansfield. Publicado en 1911, o volume está composto por 13 relatos en gran medida inspirados pola estancia (obrigada por súa nai) da propia autora nunha pensión alemá para ocultar un embarazo extramarital. Nestas breves estampas cargadas de capacidade de observación, sutileza e ironía, Mansfield disecciona as relacións humanas nas que a narradora participa como protagonista ou como mera testemuña, poñendo especial atención nas fracturas comunicativas.

Sobre a autora:

Bohemia, rebelde, moderna, bisexual,  son algúns dos calificativos que se adoitan empregar para describir á que probablemente é a escritora máis célebre que deu Nova Zelandia. E é que, a pesar da súa morte prematura, Katherine Mansfield (1888-1923) foi quen de exercer unha influencia crucial na narrativa modernista anglófona cos seus relatos breves tecidos a partir da observación do cotián e a miúdo impregnados dun ácido sentido do humor.

Etiquetas: ,

0 comentarios:

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio