29.11.16

As almas grises (Les âmes grises)

             
Título:        As almas grises (Les âmes grises)
Autor:         Philippe Claudel
Lugar ed.:   Cangas do Morrazo (Pontevedra)
Editorial:     Rinoceronte
Ano ed.:      2016            
Páxs.:          206                




As almas grises sitúanos en 1917 nunha pequena vila de Francia, onde aparece o corpo sen vida dunha rapaza.

Á escena do crime acoden un policía, un xuíz instrutor e un militar. O asasinato de Belle suscita innumerables sospeitas, esperta vellos rancores e sacode unha orde social que cambalea. Todos os indicios apuntan ao fiscal Destinat, un rico aristócrata xa xubilado, pero o xuíz designará como culpables dous desertores apresados nas proximidades do lugar do crime. Porén, a crónica dos feitos, escrita polo policía vinte anos despois do suceso, convida o lector a descubrir unha realidade inesperada. Neste relato, debuxado nos tons grises da dúbida e da incerteza, ninguén é inocente e os culpables tamén son, dalgún xeito, vítimas.

Esta obra foi galardoada co Premio Renaudot e elixida Libro do Ano polos libreiros franceses
.

Etiquetas: ,

0 comentarios:

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio