29.11.16

O día da lagosta (The Day of the locust)

                             
Título:        O día da lagosta (The Day of the locust)
Autor:         Nathanael West. Tradución de Carlos Valdés García
Lugar ed.:   Santiago de Compostela
Editorial:     Irmás Cartoné
Ano ed.:      2016
Páxs.:          244




Ante os ollos desencantados de Tod, un pintor chegado a California en busca de inspiración, desfilan personaxes
estrafalarios ansiosos por atopar o seu sitio no soño de ouropel hollywoodense: Faye, bela aspirante a actriz e bailarina, sempre a piques de rematar no prostíbulo; Harry, pai dela, artista de vodevil nas últimas; Homer Simpson, en recuperación tras sufrir un ataque de nervios... Todos eles baten coas forma de vida libertina e dispendiosa dos triunfadores, xerando unha atmosfera abafante tinguida de desesperación que só pode concluír en violencia.

O día da lagosta está considerada a mellor novela xamais escrita sobre a industria cinematográfica. Ambientada no Hollywood dos anos trinta, durante a Gran Depresión, a obra amosa a crúa realidade do soño americano. 


Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio