21.4.17

De Camiños, viaxeiros e camiñantes

                                
Título:        De Camiños, viaxeiros e camiñantes
Autor:         Santiago Lamas, Alfonso Mato
Lugar ed.: Vigo
Editorial:    Editorial Galaxia
Ano edi.:    2016
Páxs.: 204


PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2015


E xullo de 1927, Vicente Risco, Ramón Otero pedrayo e Ben-Cho-Shey camiñaron dende Ourense a Santo André de Teixido, no cabo do mundo. En De camiños, viaxeiros e camiñantes, Santiago Lamas e Alfonso Mato desenvolven unha reflexión suxerente sobre o significado cultural das viaxes, sobre a relación entre camiño e literatura, movemento e lectura. Sobre os peregrinos, paseantes, guías de viaxe, turistas e vagabundos literariso, ademais das actuais e, nalgúns casos, perversas formas de camiñar. Desde a actualidade, o libro dialoga coa Galicia de inicios do século XX mediante un estilo aberto e rico, seguindo o ronsel do ensaio e da digresión que descubriu e practicou con singular brillantez Michel de Montaigne. ( Editorial Galaxia)




Etiquetas:

O Camiño do Cebreiro a Santiago. Sufrir é malo, pero ter sufrido é bo


                               

Título:        O Camiño do Cebreiro a Santiago. Sufrir é malo, pero ter sufrido é bo
Autor:         Varios
Lugar ed.: Vigo
Editorial:      Ir Indo
Ano ed.:    2009  
Páxs.: 166


Este libro, "O CAMIÑO, do Cebreiro a Santiago", nace para celebrar trinta anos de andaina dos Premios da Crítica, unha experiencia pioneira da sociedade civil baseada, arremedando a milenaria do Camiño  de Santiago, na pluralidade, na tolerancia e nos valores que nos identifican como galegos. As colaboracións, que conforman poliedricamente as vivencias, sentementos e ideas do colectivo que realizou este camiño en abril de 2.007, pretenden aportar ledicia e estética a este itinerario vertebrador de Europa en vísperas do comezo  doutro Ano Santo, o Xacobeo de 2010. No decir de Basilio Losada, o decano e o máis experto dos caminantes, "o Camiño hai que entendelo sobre tres eixos: a paisaxe, a arte e a xente". No caso que nos ocupa,  son "as xentes" todas aquelas que están no camiño, as que moran e as que van "in itinere", que son as que conforman o miolo desta enriquecedora e inesquencible experiencia.

Etiquetas: