27.2.17

Casares Quiroga y La Coruña de su época. 1900-1936

                                  
Título:       Casares Quiroga y La Coruña de su época. 1900-1936

Autor:         José Antonio Parrilla

Lugar edi.:  A Coruña

Editorial:     Ediciones Gramela, S.L

Ano edi.:     1995 






 Fonte das Imaxes
             

Etiquetas: ,

30.1.17

El desconocido

   
                                                  
Título:         El desconocido
Autor:         música orixinal de Manuel Riveiro; escrita por Alberto Marini; dirixida por Dani de la Torre, producida por VACA FILMS
Lugar ed.: Madrid
Editorial: distribuida en España por Warner Bros Home Entertainment España
Ano ed.:    2015
Duración: 91 min

Rodada na Coruña






Carlos, ejecutivo de banca, comienza su rutinaria mañana llevando a sus hijos al colegio. Cuando arranca el coche, recibe una llamada anónima que le anuncia que tiene una bomba debajo del asiento y que dispone apenas de unas horas para reunir una elevada cantidad de dinero; si no lo consigue, su coche volará por los aires. (FILMAFFINITY)




      

Etiquetas: , ,

29.11.16

A viaxe de Gagarin

 
Título:        A viaxe de Gagarin
Autor:         Agustín Fernández Paz
Lugar ed.:  Vigo
Editorial:    Xerais
Ano ed.:     2016
Páxs.:         280 

           
Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela el tiña dez anos e gañara un concurso escolar de redacción cun traballo sobre esa primeira viaxe espacial. A raíz diso, os outros nenos pasan a chamarlle Gagarin, un sobrenome que o acompañará durante toda a súa infancia e adolescencia. Mentres se apaga a vida da nai, Miguel lembra os seus anos mozos, na Coruña da década dos sesenta. Os seus rexentan unha imprenta e unha libraría de barrio, aparentan ser unha familia coma as outras. Mais esconden perigosos segredos que Miguel irá desvelando a medida que se abre á complexidade da vida. Unha vida na España desa época, coa ditadura de Franco e a represión das liberdades máis básicas, coa ameaza permanente da Brigada Político Social, a policía secreta do Réxime. E tamén coa oposición clandestina, barreira imprescindible contra a barbarie. Naquel tempo de mocidade, Miguel tamén experimenta a revolución interior que supón namorarse. O arrebato da paixón e a dor da ausencia, nunha relación marcada polas diferenzas de clase. Emocionante historia de amor, engaiolante novela de formación e da memoria, A viaxe de Gagarin confirma a Agustín Fernández Paz como mestre da narrativa do noso tempo.

Etiquetas: , ,