27.1.17

A candidata

                            
Título:         A candidata
Autor:         Miguel Sande
Lugar ed.: Vigo
Editorial:     Galaxia
Ano ed.:    2016    
Páxs.: 136

A crise afectou a moitas familias, traendo consigo non só dificultades económicas senón tamén emocionais. O relato dunha desas quebras e o intento posterior de reconstrución é a cerna da novela coa que Miguel Sande obtivo o Premio García Barros. Narrativa intensa, de impacto, na que non se furta a súa capacidade ferinte, afastada de calquera mirada politicamente correcta. Escrita cunha linguaxe franca, dura e directa, tamén con momentos tenros. A candidada dá voz a unha desas familias, para que os seus membros -nai, filla e pai- relaten a súa historia. Ferinte. Impactante. Abrupta. Incorrecta. Algo estoupa para nos conmover e perturbar. (Editorial Galaxia)
     

Etiquetas: , ,

0 comentarios:

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio