Once portas
Título Once portas
Autor Héctor Cajaraville
Lugar ed.: Vigo
Editorial: Xerais
Ano ed.: 2017
Páxs.: 104
Premio de Narrativa
Curta Ánxel Fole, 2016
O día da Ascensión
do ano 1929 o mozo Guillerme Cardelle achégase á Alameda de
Santiago de Compostela para desfrutar da xornada festiva. Cando
decide entrar no gabinete do mago Bunda, dotado de supostos poderes
proféticos e divinatorios, non pode imaxinar que o que alí escoite
lle cambiará a vida para sempre.Desde entón Guillerme será o
depositario dun segredo relacionado coa antiga muralla, as igrexas
intra muros e o sepulcro do apóstolo que dá nome á cidade. E
revoando sobre todos estes elementos, a presenza permanente do número
once, unha cifra arredor da que semella xirar un misterio no que
Guillerme deberá afondar para descubrir o seu verdadeiro
sentido."Once portas" é unha novela a cabalo entre o
histórico e o fantástico, unha viaxe a través dos episodios
sobranceiros da historia compostelá e unha homenaxe á cidade de
Santiago a través dos seus símbolos máis universais.
Etiquetas: Héctor Cajaraville, historia, narrativa, premios
0 comentarios:
Publicar un comentario
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio