Morgana en Esmelle
Título: Morgana
en Esmelle
Autor: Begoña Caamaño
Lugar
ed.: Vigo
Editorial: Galaxia
Ano ed.: 2015
Páxs.: 220
Logo do Ano Cunqueiro, Begoña Caamaño consegue propoñer unha
ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda. Son os
remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida?
Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas
decisións? Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana racha a
aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmelle. Na
novela de Begoña Caamaño, a medio irmá e amante de Artur entra na
casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade.
Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da
memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da
caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á
responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un
dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos
incómodos e implicarse nos momentos históricos.
Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana
interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a
súa condición de vítima faina máis inocente?
Ler a valoración de Mario Regueira en Odorso da Materia de Bretaña
Etiquetas: Begoña Caamaño, narrativa, premios
0 comentarios:
Publicar un comentario
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio