Libro de horas
Título: Libro de horas
Autor: Miguel Anxo Murado
Lugar ed: Vigo
Editorial: Galaxia
Ano ed: 2016Páxs. 188
Un dobre do rei de Marrocos, Hong Kong nos últimos días de control británico, unha alfombra que conta un xenocidio...
As historias desde libro están tomadas da realidade pero aparecen filtradas pola sensibilidade do escritor. Nas súas páxinas, polas que tamén transcorre a barba de Tutankhamon, a cabeza de Goya ou a figueira de Rosalía, o lector atopará explicacións a preguntas tales como cal é a única persoa cuxas cinzas repousan na lúa, como soan as cancións dos Rolling Stones en latín, como se pode distinguir o capitalismo do comunismo desde o espazo exterior ou que deducirán sobre a nosa Europa uns hipotéticos arqueólogos do futuro a partir da distribución das moedas de euro. Son historias, a fin de contas, que pretenden "sobrevoar os temas do día para, a base de darles unha volta, facelos máis complexos e non máis simples". (E. Galaxia)
Etiquetas: Miguel Anxo Murado
0 comentarios:
Publicar un comentario
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio