15.5.17

O universo matemático. Das ideas e das técnicas


Título:       O universo matemático. Das ideas e das técnicas
Autor:        Antom Labranha
Lugar ed.: Vigo

Editorial:   Edicións Xerais 
Ano ed.:    2017
Páxs.:       168


Este libro desenvolve un amplo abano de contidos matemáticos seleccionados a partir daqueles que conforman os currículos do bacharelato, intentando poñer de manifesto cales son os seus fundamentos, o porqué da súa pertinencia, que rol desempeñan na ciencia e na cultura, que procesos conduciron á súa creación e como evolucionaron.Adóptase unha perspectiva construtiva e contextualizada, cun teor narrativo: a carreira de Aquiles e a tartaruga, o voo de Ícaro, o enigmático número pi, un enredo na compra de entradas, apostas nunha lancha de Marín, á procura dos átomos, anelando paxaros, as ondas sonoras, paseando por Monforte, chegarmos á simplicidade a través da complexidade, doazón de órganos, no niño do paxaro carboeiro, matriculando coches…

Etiquetas:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio