Sabela
Autor: María Rosario Regueira Cereijo
Lugar ed.: Barcelona
Editorial: Chiado Editorial
Ano ed.: 2015
Páxs: 206
https://www.chiadoeditorial.es/libreria/sabela
“Nun lóstrego de
tempo “o conto” que sua avoa Estrella lle contaba na infancia
cobrou sentido completo: “Ti chamaste Sabela en lembranza daquela
outra Sabela Varela Castro; os apelidos coinciden; nacestes no mesmo
sitio, o mesmo dia, do mesmo mes, e con cen anos xustos de
diferencia”.
Historia dunha saga
de cinco xeneracións de mulleres dunha mesma familia que transcurre
dende o 11 de febreiro de 1879, data de nacemento de Sabela Varela
Castro até o 11 de febreiro de 1979, data de nacemento de Sabela
Varela Castro.
Partindo da primeira
Sabela a novela recolle a peripecia vital dela mesma e de Ramona,
Estrella e Rosa para chegar á última Sabela. Aproveitando o relato
das súas vidas, reflictese parte da historia deste país: Nai
solteira no interior da Galiza rural a fins do século XIX; a
emigración a América; o retorno; a guerra civil e posguerra e o
traslado da muller rural á un medio urbano en plena época
desenrolista.
Xeograficamente, a
novela situase en distintas localizacións: o sur da provincia de
Lugo, Buenos Aires e Vigo son as ubicacións principais nas que se
asenta o relato que parte de feitos reais, si ben entresacados de
distintas situacións e conxuntados nesta novela.
"Dignidade,
raiba e consciencia (de xénero, nacional e de clase) envolven esta
emotiva, esclarecedora e reivindicativa novela". https://www.chiadoeditorial.es/libreria/sabela
0 comentarios:
Publicar un comentario
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio